Un home atraca o estanco Azor de Burela armado cun coitelo

Tras levar o diñeiro, unha cantidade aínda pendente de cuantificar, fuxiu
El estanco que sufrió el atraco. GOOGLE MAPS
photo_camera El estanco que sufrió el atraco. GOOGLE MAPS

Un home, co rostro cuberto por unha máscara, entrou sobre as nove da noite deste mércores, coincidindo coa hora de peche, no estanco Azor de Burela armado cun coitelo e ameazou ao persoal do establecemento para que lle entregase o diñeiro a recadación. Tras levar o diñeiro, unha cantidade aínda pendente de cuantificar, fuxiu. 

O persoal do establecemento chamou de inmediato á Garda Civil e acudiuse unha patrulla do posto de Burela. Na mañá deste xoves, axentes da Benemérita volveron ao local para solicitar probas que poidan levar a dar co autor do atraco. 

é a primeira vez que este local sofre un roubo.