Unha vivariense compra por internet unha consola de 210 euros e non a recibe

O vendedor é un particular de Málaga que anunciaba o produto nunha web de artigos de segunda man

Comisaría de Policía de Burela
photo_camera Comisaría de Policía Nacional en Viveiro.

Unha veciña de Viveiro denunciou na comisaría da Policía Nacional que fora vítima dunha estafa ao comprar por internet unha consola a un particular de Málaga, facerlle un ingreso de 210 euros e non recibir o artigo. 

Segundo explican fontes policiais os feitos sucederon no mes de outubro pero non foron denunciados ata este mércores. Detallan que a vítima viu nunha web segura de compras de segunda man o anuncio do produto que lle interesou, polo que contactou co anunciante e accedeu a realizar o ingreso desa cantidade nunha conta bancaria. Con todo nunca recibiu a consola, da marca Nintendo.
 

Máis en A Mariña