Un novo positivo na residencia de Ribadeo eleva a tres os infectados no centro

 O xeriátrico de Alfoz continúa con seis contaxiados, e o CAPD de Sarria, cun 
Residencia de Ribadeo. AMA
photo_camera Residencia de Ribadeo. AMA

Os usuarios de residencias de maiores galegas con coronavirus descenderon este mércores ata os 29 (3 menos que o martes), ao producirse oito altas e detectarse cinco novos positivos, segundo informaron o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Política Social. En concreto, súmanse ao cómputo un interno da residencia de Ribadeo, un da residencia de Chandrexa de Queixa; outro na residencia Val de Monterrei; e dous usuarios da DomusVi de Vigo.

As oito altas concedéronse a maiores do Santo Estebo de Perlio, en Fene.

Polo momento hai 29 maiores contaxiados nas residencias galegas: un en Caser A Zapateira; 10 na residencia Santo Estebo de Perlio, en Fene; seis en Alfoz; dous na residencia Bo Día Magnolio de Vigo; un na residencia Val do Dubra; tres en Ribadeo; dous na Concepción Areal da Coruña; un en Val de Monterrei; dous en DomusVi Vigo e outro en Chandrexa de Queixa. 

Ademais, hai 32 usuarios de centros de discapacidade co virus: un no CAPD de Sarria e 31 en Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo. 

Comentarios