Un cásting para unha película reúne corenta interesados en ser actores en O Valadouro

Os elixidos participarán nunha mediometraxe centrada na dificultade no mundo actual para o coidado de persoas que non poden valerse por si mesmas
Cámara. EP
photo_camera Cámara. EP

Unhas corenta persoas, das sesenta anotadas inicialmente, presentáronse ao cásting para optar a un papel na película que queren gravar un grupo de amigos de Lugo e A Coruña, vencellados ao sector audiovisual e para os que sería a súa primeira mediometraxe tras contar con varias curtas no seu haber.

Os profesionais adiantan que queren rodar no Xistral ao entender que "as súas paisaxes case que esteparias e as turbeiras" poden ser o fondo ideal para unha historia intimista centrada na dificultade no mundo actual para o coidado de persoas que non poden valerse por si mesmas. "Unha sociedade voraz para as persoas máis vulnerables", apuntan, coa esperanza de que "no Xistral se produza o milagre", avanzan sobre un guión no que seguirán traballando. A idea é empezar a rodar a finais de ano, un traballo no que a interpretación con actores profesionais —xa teñen algún nome que prefiren non desvelar— uniríase ao de persoas sen experiencia.

As probas, con moita da xente da zona pero tamén doutras partes da provincia, foron para tratar de escoller os tres candidatos, todos homes de entre 35 e 45 años e un entre 45 e 60. "Unhas probas ás que se presentou xente con diversos perfís", contan.

Nun mes, aproximadamente, saberase quen son os escollidos, aos que se remunerará o seu traballo, pero dos que necesitarán plena disposición durante uns días.

Máis en A Mariña
Comentarios