Última cita do Tour Mariña

O circuíto, promovido polo Progreso e Championchip, despídese desta edición este sábado coa celebración da Milla de Lourenzá
Salida de la carrera del año pasado. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Saída da carreira do ano pasado. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O circuíto Tour Mariña 2019, que promove O Progreso e Championchip, despide mañá esta edición coa celebración da Milla de Lourenzá, na que van participar uns 200 corredores.

David Martínez, corredor do Club de Atletismo Lourenzá, e Ana González Margaride, do Fluvial de Lugo, chegan a Lourenzá na primeira posición na táboa de clasificados do Tour Mariña. No caso de González a súa praza está máis que consolidada, xa que se atopa a case 200 puntos da seguinte clasificada, Carla Trillo, que é a vixente posuidora do título. En terceira posición, completando o podio atópase a moza laurentina Ana Vallines.

No caso da categoría masculina a situación é diferente. A emoción está servida, porque xa que os inmediatos perseguidores de David Martínez, Manuel Eiras da Ría de Foz e Euciniano López do Clube Atletismo Vilalba, están a menos de dez puntos no caso de Eiras e a uns 30 no de López. Calquera erro pode decantar o título para un ou outro.

COMPETICIÓN. Nas probas da Milla de Lourenzá, que comezarán desde as 19.00 horas, poderanse ver deportistas de todas as idades, tanto femininas como masculinos. A categoría pitufos correrán nunha distancia de 150 metros; os benjamines competirán en 250 metros; os alevíns, infantís e cadetes farano en 800 metros; e o resto de categorías -cadetes, xuvenís, sénior e veteranos- completará a proba nunha milla completa, chegando aos 1.609 metros.

Os tres primeiros postos de cada disciplina recibirá un premio. No caso dos pitufos, prebenjamines e benjamines, todos os participantes levarán unha medalla. Ademais, os primeiros clasificados tanto feminino como masculino empadroados en Lourenzá recibirán diferentes obsequios. Así mesmo, recibirán unha camiseta técnica conmemorativa de agasallo aos inscritos antes do 31 de outubro ou ata fin de existencias.

Entre os servizos que ofrece a organización aos participantes, atópanse un aparcadoiro no centro da vila; duchas para que os atletas poidan facer uso delas ao finalizar a proba; e un guardarropa, que estará situado na biblioteca municipal desde as 18.00 ás 20.30 horas.

En canto aos dorsais e chips de cronometraxe entregaranse o propio sábado, de 11.00 a 13.00 horas e tamén pola tarde, ata media hora do pistoletazo de saída do comezo da carreira en cada categoría.

Comentarios