Un choque múltiple en Celeiro con catro vehículos implicados deixa un ferido

A persoa ferida tivo que ser trasladada ao hospital
Uno de los vehículos implicados. EP
photo_camera Un dos vehículos implicados. EP

Unha colisión múltiple entre catro vehículos rexistrada a tarde deste venres no concello de Viveiro provocou feridas a unha persoa, que tivo que ser trasladada ao hospital para recibir asistencia.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia do accidente entre catro vehículos que se había rexistradeou ás 14.30 horas na estrada LU-862, ao seu paso pola parroquia de Celeiro.

O 112 Galicia avisou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Viveiro, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil do municipio.

Xa no punto, o persoal de urxencias desprazado ata o lugar comunicou que era necesario persoal sanitario para asistir ao condutor dun dos coches implicados, que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tamén solicitou a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

Comentarios