viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

Trasladado ao hospital un home ferido nun serradoiro de Alfoz

Hospital Público da Mariña. IRIA LV
Hospital Público da Mariña. IRIA LV

Un home resultou ferido este luns nun accidente laboral nun serradoiro de Alfoz ao cortarse nunha man cunha máquina, segundo información facilitada polo 112.

A central de coordinación de urxencias recibiu o aviso á unha da tarde por parte do 061 e á súa vez mobilizou a Garda Civil.

O ferido, A.S.F., de 43 anos, foi trasladado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Público da Mariña.

Trasladado ao hospital un home ferido nun serradoiro de Alfoz
Comentarios