Trasladado ao hospital logo de comportarse de forma agresiva nun bar de Celeiro

Hospital Público da Mariña. EP
photo_camera Hospital Público da Mariña. EP

Un bar da Rúa do Porto de Celeiro solicitou este sábado pola noite a presenza das forzas de seguridade despois de que un home se comportase de forma agresiva con outros clientes, aos que chegou a realizar dentadas, segundo explican desde a Policía Local. Esta acudiu ao lugar xunto á Policía Nacional e ao 061 tras o aviso do 112 cara ás once e media da noite.

O persoal sanitario atendeu o home, un veciño da localidade duns 30 anos, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña, en Burela.