Transportistas vense sen material nin apoio en rutas

Cargan máscaras ou xeles pero logo non poden acceder a eles e quedaron sen restaurantes e duchas
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Jesús Suárez, en Xove. D.V.

Os camioneiros agradecen o recoñecemento ao labor fundamental de abastecemento de supermercados e centros produtivos pero ven que se lles pechan portas para realizar ese traballo.

Desde Suárez Óliver, un dos principais transportistas mariñáns de madeira cara a Ence e doutras mercancías por España, lamentan que "a ruta nacional xa apenas ten onde comer ou facer as necesidades básicas como ducharse; hai grandes superficies comerciais que queren que lles leves as mercadorías pero chegas alí e pechan as instalacións para quen traballa ao volante".

O xovense Jesús Suárez indica que o colmo, a pesar de ser un sector estratéxico para a economía, é que lles veten o acceso a material básico como luvas, máscaras ou xeles. "Transportámolas nós pero logo vas pedilas para poder traballar con seguridade e resulta que as teñen reservadas ou requisadas para a sanidade ou as forzas de seguridade", lamenta.

E engade: "Chegas ás fábricas e non che deixan entrar, coa madeira non hai problema pois vas á casa todos os días pero no resto discriminannos por todos lados e non é xusto". Sen restaurantes nin áreas de servizo, queda comida lixo.

Comentarios