Os traballadores das auxiliares de Alcoa piden que se lles escoite

Os representantes dos traballadores das auxiliares de Alcoa fixeron este venres un acto reinvindicativo nos concellos de Cervo e Foz para pedir que se lles teña en conta na solución que se lle dea á planta de Alcoa. O pasado día 1 enviaron senllas cartas á Xunta e ao Ministerio de Industria solicitándolles unha reunión, pero quéixanse de que aínda non recibiron ningunha resposta.

Por iso foron a Foz (gobernado polo PSOE) e a Cervo (en mans do PP) para que medien con seus superiores e que teñan en conta á representación legal de 1.000 traballadores das auxiliares.

A carta que enviaron era dos representantes dos traballadores e das direccións da meirante parte das empresas afectadas.

Comentarios