Os traballadores de Alcoa descartan a folga ata o 2 de agosto, mentres se negocie

Recibiron chamadas desde Industria e do propio presidente da empresa, sobre a última proposta gobernamental, e a contraproposta que fará a empresa
José Antonio Zan. EP
photo_camera José Antonio Zan. EP

Os traballadores de Aluminio en Alcoa San Cibrao decidiron este venres en asemblea referendar a proposta do comité de empresa de non ir á folga de momento, mentres haxa negociacións sobre a venda da empresa, entre o Ministerio de Industria e a multinacional norteamericana.

Os sindicatos ven oportuno non retomar de momento a folga e o bloqueo de saída de aluminio, unha vez que recibiron chamadas desde o Ministerio de Industria e do propio presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, sobre a última proposta gobernamental, e a contrapropuesta que fará a empresa.

O presidente do comité, José Antonio Zan, asegura que protestas como a do luns foron efectivas e o momento dunha folga agora non sería bo para ninguén. 

Comentarios