Traballadores de Alcoa concéntranse nas Catedrais: "Non se vive só do turismo"

Tratouse dun acto no que estiveron invitadas as familias e demais simpatizantes

Os traballadores de Alcoa concentráronse na praia das Catedrais, nun acto no que acudiron as familias do persoal, para pedir a Alcoa e as institucións que busquen unha solución para evitar os despedimentos da planta de San Cibrao, en Cervo.

Neste caso, os traballadores manifestaron que na comarca "Non se vive só do turismo", frase que foi a lema da concentración. Durante o acto ocupáronse as escaleira de acceso ao areal. 

Este luns arrinca unha intensa semana coa reunión dunha mesa multilateral entre a empresa, o comité e as institucións. 

Máis en A Mariña
Comentarios