Os traballadores de Alcoa celebrarán este domingo unha marcha con estudantes de institutos da Mariña

A saída da mobilización será ás 11.00 horas desde o cruzamento do Castelo

O comité de Alcoa San Cibrao celebrará este domingo, 11 de outubro, unha marcha coa comunidade educativa da comarca da Mariña á que están invitados os estudantes de institutos. 

A saída da mobilización será ás 11.00 horas desde o cruzamento do Castelo, mentres se prevé chegar ao mediodía á entrada de acceso á fábrica de Alcoa. 

O comité de empresa chama a manter as medidas de seguridade ante a ameaza da pandemia do coronoavirus, así como a levar máscara á protesta. 

Todo iso, despois de que os representantes dos traballadores apremasen na última mesa multilateral ás administracións a "acelerar" a intervención da planta de Alcoa ante a ameaza de despedimento colectivo para 534 traballadores. 

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este mércores que se se acredita a mala fe" da multinacional non vender a fábrica co "fin de eliminar un competidor", "entón o Goberno de España terá unha petición formal para intervir a compañía". 

Comentarios