Tomé: "O PP en Alcoa ten pouquiño que ofrecer"

O socialista reivindica o compromiso da Deputación e o Goberno socialista cos traballadores
José Tomé Roca. SEBAS SENANDE
photo_camera José Tomé Roca. SEBAS SENANDE

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, asegurou que o "Partido Popular en Alcoa ten pouquiño que ofrecer, salvo as fotos que se sacou Feijóo por aí adiante". Ao seu xuízo, non fixo nada "tanxible" para solucionar un problema en cuxa resolución si está a traballar o Goberno socialista.

Tomé manifestouse así este martes a preguntas dos xornalistas antes de presidir o pleno ordinario da Deputación. "A min que me digan exactamente qué achegou a Xunta para solucionar o tema de Alcoa. Algo tanxible. Que achegou", preguntouse Tomé, quen tamén dixo que o PP se puxo moi triste cando o Goberno de España arranxou a compra das plantas da Coruña e de Asturias". "Se iso é o que achegou o Partido Popular, que veña Deus e o vexa", engadiu.

O socialista afirmou, de feito, que "se alguén ten un compromiso cos traballadores de Alcoa é esta Deputación e é o Goberno socialista, que é quen está a traballar para solucionar o problema". Nese sentido, recordou que "o Goberno socialista leva un ano gobernando", e preguntouse "que fixo o señor Rajoy antes".

"Non vin que o señor Feijóo se fixese fotos —entón— nin nada de nada. Tampouco vin que a señora —Elena— Candia se acordase, aínda que queda moi preto. Non falaba nada diso, nin presentou ningunha iniciativa" entón, insistiu Tomé. Por iso, asegurou que "cada un pode dicir o que queira, pero a realidade di o contrario do que di o Partido Popular". 

Máis en A Mariña
Comentarios