Un tenreiro de tres patas sobrevive nunha explotación de Trabada 

O veterinario aseguroulle á propietaria da granxa que nunca vira nada igual

Os propietarios da gandería Casa Río, situada na localidade de Trabadela, na parroquia trabadense de Sante, asistiron hai un mes a un acontecemento moi pouco corrente. Unha das súas vacas pariu, sen ningún tipo de axuda. Todo normal ata que comprobaron que a cativa tiña só tres patas.

Con todo, tanto a propietaria da gandería, Marta López Gasalla, como o seu pai, Manuel López Río, comprobaron asombrados como o animal púñase en pé á mesma velocidade que se pon os tenreiros habitualmente cando teñen catro patas. 

A partir de aí, o tenreiro fixo o que fan todos. Comezou a mamar e movíase con dificultades, pero se movía ben. Agora veno moi solto e móvese dunha forma que lles recorda a un canguro. Marta López recorda que cando viron que o animal tiña tres patas "o que fixemos foi chamar ó veterinario para que nos dixera que había que facer, e díxonos que o mellor era sacrificalo, porque non ía poder sobrevivir así". O veterinario aseguroulles que nunca vira nada igual e eles, en décadas traballando na gandería, tampouco. 

Con todo, ante a evidencia que estaban a comprobar de que o animal non só se sostiña sen problemas senón que ademais se movía con certa axilidade, preferiron non facelo e esperar a ver que sucedía: "Non quixemos matalo. A min dábame cousa matar ó animal e decidimos esperar. De momento está perfectamente e móvese moitísimo. Non se separa da nai aínda que xoga moito co can e con outro xato que temos". 

Aínda así, a súa dona e o seu pai saben que medrará. Pero iso será outra historia.

Comentarios