Unha tenda de conxelados de Burela sofre un atraco a punta de coitelo

Establecimiento atracado en Burela.AMA
photo_camera Establecemento atracado en Burela.AMA

Unha persoa encapuchada atracou a punta de coitelo unha tenda de conxelados na Avenida Arcadio Pardiñas de Burela a última hora da tarde deste sábado, pouco antes de que esta pechase e, presumiblemente, coa recadación do día na caixa.

O autor solicitou o diñeiro intimidando á caixeira coa arma branca e esta entregoulle os billetes en metálico que gardaba na rexistradora. O asalto produciuse pouco logo das oito da tarde, causando gran balbordo na contorna ao existir varios supermercados. A Garda Civil trata de dar co autor do roubo.