Susto por un incendio nun baixo comercial de Ribadeo

Os bombeiros sufocaron as chamas do inmuble da rúa Rafael Fernández Cardoso
Incendio en un local de Ribadeo.EP
photo_camera Incendio nun local de Ribadeo.EP

Os bombeiros do parque comarcal de Barreiros sufocaron na tarde deste xoves un pequeno incendio orixinado nun baixo comercial de Ribadeo. Ocorreu no número 20 da rúa Rafael Fernández Cardoso ao redor das cinco da tarde.

Axentes da Policía Local ribadense localizaron ao dono do local, que apareceu xusto cando chegaban os bombeiros e abriu a porta para que estes puidesen sufocar o incendio, que orixinou unha importante fumareda que ascendía cara aos pisos superiores do inmoble, provocando alarma entre a veciñanza.

O lume orixinouse por causas descoñecidas na parte posterior do baixo por causas aínda por esclarecer. Únicamente ardeu un pequeno moble e non se produciron outros danos materiais, máis que os causados polo fume, nin persoais.

A Policía Local tamén regulou o tráfico na zona mentres se producía a actuación dos bombeiros que ocuparon boa parte da rúa cos seus camións.