Suspendidas as festas de Celeiro debido á pandemia

A comisión cancela os actos previstos para as patronais deste ano debido á crise sanitaria
Fiestas de Celeiro. ARCHIVO
photo_camera Unha edición anterior das festas de Celeiro. ARQUIVO

A comisión de festas de Celeiro comunicou este martes a última hora a suspensión dos actos previstos para este ano nas festas patronais de Santiago, O Carme e Santa, en xullo. “Sentimos moito todo o que isto move na contorna pero a situación este ano non é a máis indicada. Esperamos que o próximo 2021 poidamos celebrar as festas todos xuntos e con mellor situación que a actual”, sinalaron desde a comisión.

"Queremos desexar sorte –sinalaron–, a todos os feirantes, ao noso amigo Pico, Pedro de Ponte Pau, a Luís de Pirotecnia Reiriz e, como non, a todos os comerciantes que sempre nos apoian. Desde a Asociación de Amigos de Celeiro, Comisión de Festas, grazas a todos".

Comentarios