Susana Seivane actuará en Trabada o 5 de maio na segunda Festa da Enfariñada

Susana Seivane, no Círculo de las Artes. J.VÁZQUEZ
photo_camera Susana Seivane. AEP

A localidade de Trabada celebrará o 5 de maio a segunda edición da festa gastronómica dedicada á enfariñada, un prato típico de Trabada e unha pequena zona dos municipios anexos como A Pontenova, Ribadeo ou San Tirso de Abres á que este ano acudirá Susana Seivane. Na primeira, obtiveron un éxito de participación tal que acabaron por rematar coas existencias que tiñan preparadas deste prato.

Para este ano está previsto que ás doce do mediodía se faga unha demostración de restauración e torno, unha actuación musical ás doce e media con Illa Pancha e logo Airiños da Freba. Tamén haberá mercado de produtos locais de artesanía e comezará a servirse a enfariñada. Ás catro e media chegará o concerto de Susana Seivane.

A alcaldesa, a socialista Mayra García, recordou o éxito da primeira edición e por iso espera que centos de persoas volvan pasarse polo municipio para gozar deste prato "e converter esta cita nun referente cultural na Mariña".

Comentarios