Susana López Abella eloxia a categoría feminina do Emma Cuervo

O Goberno autonómico considera, segundo explicou López Abella, que o deporte impulsa "valores como a democracia, a participación, a cooperación e traballo en equipo"
Susana López Abella. PEPE FERRÍN
photo_camera Susana López Abella. PEPE FERRÍN

O Emma Cuervo, un torneo clásico do fútbol masculino, incorporou na súa septuaxésima edición a categoría feminina e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, explicou na localidade lucense de Ribadeo que o Goberno autonómico concibe o deporte como "motor de cambio" cara " igualdade real".

O Goberno autonómico considera, segundo explicou López Abella, que o deporte impulsa "valores como a democracia, a participación, a cooperación e traballo en equipo".

Por iso, apunto, un dos eixos de actuación da Consellería de Emprego e Igualdade é o acordo de colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte, asinado o pasado mes de maio, que conta cun investimento de 500.000 euros.

López Abella sostivo que "a través do deporte" encáranse "as dinámicas culturais e sociais da Comunidade, polo que supón unha ferramenta de cambio indispensable e transversal mediante ao cal chegar" aos mozos.

Ese é un dos obxectivos da campaña Coñecendo as nosas deportistas, que propón actividades, entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinión de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar así a situación da muller no deporte e o rol das deportistas galegas no traballo pola igualdade. 

Comentarios