Sufocan un lume nunha cheminea dunha casa de Trabada

Os bombeiros de Barreiros apagaron o lume orixinado nunha vivenda en Serra da Cadeira
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bombeiros.AEP

Os bombeiros de Barreiros acudiron ás seis e media da tarde deste sábado a sufocar un incendio orixinado nunha cheminea dunha casa situada en Serra da Cadeira, no municipio de Trabada.

A central do 112 tamén alertou ao GES da Pontenova, a Garda Civil e Protección Civil.

O particular que solicitou axuda para extinguir o lume comunicou que non había persoas afectadas.

Máis en A Mariña