Sufocado un incendio causado por unha tixola esquecida ao lume en Viveiro

Non houbo que lamentar danos persoais
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bombeiros. AEP

Os bombeiros de Viveiro e Protección Civil desprazáronse ata a rúa Nicolás Cora da cidade do Landro para sufocar un pequeno incendio provocado por unha tixola esquecida ao lume, que non causou lesións persoais, polo que indicaron os servizos de urxencia.

Un particular alertou ao 112 Galicia pouco antes das 14.00 horas. Avisou de que vía saír fume pola fiestra dun piso, o que motivou o despregamento de efectivos para sufocar o lume, para o que tamén se alertou á Policía Local.