Sufocado un conato de incendio en Coubeira, Mondoñedo

O foco apenas causou danos
Medios de extinción de incendios en Coubeira. EP
photo_camera Medios de extinción de incendios en Coubeira. EP

A brigada de incendios da Xunta en Mondoñedo acudiu na mañá deste xoves, cara ás once, á localidade de Couboeira, ante unha chamada do 112 que alertaba da existencia dun incendio. O foco foi un pequeno conato orixinado nun monte, que apenas causou danos.

Os propios veciños ocupáronse inicialmente de sufocar as chamas do lume, situado á beira dunha estrada, dado que se decataron ao pouco de declararse. A rápida actuación motivou que unicamente ardesen uns 100 metros de terreo, segundo indicaron desde Protección Civil, que tamén se desprazou ata o lugar.

A brigada de incendios da Consellería de Medio Rural unicamente tivo que arrefriar a zona para tratar de que o lume non se reactivase.

Comentarios