domingo. 13.10.2019 |
El tiempo
domingo. 13.10.2019
El tiempo

Suárez Barcia denuncia a aparición de pintadas de Vox en Ribadeo

Fernando Suárez. AMA
Fernando Suárez. AMA

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, puxo en coñecemento do xulgado e da Xunta Electoral de zona o informe elaborado pola Policía Local do seu municipio en relación coas pintadas de Vox que apareceron nos últimos días en diversos lugares do concello.

Segundo explicou, esas pintadas apareceron nos campos de fútbol Pepe Barrera e de Ove, pero tamén no observatorio de aves de Reme e nunha marquesiña no lugar da Devesa.

Aínda que serán tapadas pola Brigada de Obras municipal, aclarou o rexedor, o goberno local quixo poñer en coñecemento da autoridade xudicial a aparición "dunha serie de pintadas" na "última semana de campaña electoral, en favor dunha candidatura caracterizada pola súa homofobia, o seu racismo, polo seu machismo ou sectarismo. En definitiva, polo seu odio á diversidade".

Aínda que a Brigada de Obras xa retirou algunha das pintadas que foron aparecendo, especialmente nas inmediacións dos recintos deportivos, Suárez explicou que a resposta dos responsables "foron máis pintadas". "Deixámolas ata esta semana, pero agora imos proceder ao seu tapado", concluíu.

Suárez Barcia denuncia a aparición de pintadas de Vox en Ribadeo
Comentarios