O sobrecusto nos investimentos de Alcoa é de 78 millóns

Só o forno de cocción custa 109 millóns e non estaría ata o primeiro trimestre de 2023, segundo dixo o comité tras reunirse coa empresa
photo_camera El comité informa sobre la reunión. AMA

Os investimentos que comprometeu Alcoa na fábrica de Aluminio de San Cibrao ven incrementado o seu custo pola inflación en 78 millóns de dólares, segundo datos que ofreceu a empresa ao comité nunha reunión mantida este xoves pola mañá en Madrid. A cantidade inicial era de 103 millóns de dólares e pasará así a 181, aos que se suman 10 millóns máis dunha obra non prevista inicialmente na subestación eléctrica.

Empresa e comité quedaran en celebrar esta reunión tras recoñecer a multinacional un incremento nos custos dos proxectos e unha dilatación nos prazos dalgúns deles, en concreto no forno de cocción para ánodos grandes, que non estaría listo para o rearranque o 1 de xaneiro de 2024. No encontro deste xoves transcendeu que só este investimento terá un custo de 109 millóns e que non chegaría á fábrica ata o primeiro trimestre de 2025. "Esta desviación non afectaría ao rearranque, iso sigue sendo firme e para nós é fundamental", reseña Zan.

En canto ao resto de investimentos, están aprobadas as mesas de coada de fundición e por contra seguen sen aprobar "as barras de compensación, que pasan de 12 a 18 millóns de custo".

O comité espera agora convocatoria para unha próxima reunión. "Vannos a traer unha alternativa ou proposta por parte da empresa para poder negociar e pedimos que se inclúa nesa reunión á planta de Alúmina", avanza Zan.

Máis en A Mariña
Comentarios