Un dos sindicalistas investigados pola protesta de Alcoa: "Foi unha montaxe policial"

Víctor Ledo, uno de los sindicalistas imputados por las protestas de Alcoa. X.L
photo_camera Víctor Ledo, un dos sindicalistas imputados polas protestas de Alcoa. X.L

"Foi unha montaxe policial", di o sindicalista de CC.OO. Víctor Ledo sobre a súa imputación e a doutros participantes na protesta ante o Congreso dos Deputados pola situación de Alcoa no proceso de venda das fábricas da Coruña e Avilés.

O responsable de Industria de Comisións en Galicia estivo este venres na concentración mariñá para reclamar un prezo da enerxía xusto para as electrointensivas e dixo que entón en Madrid "nos mobilizamos de forma legal e non houbo agresións, só a lóxica tensión destes actos". Confía en que as gravacións dos numerosos medios de comunicación permitan corrixir "este despropósito".

Comentarios