O Sergas realizará a terceira PCR a unha paciente de Covid que xa pasou dúas corentenas

A plataforma sanitaria da Mariña lamenta que "quixeran darlle a alta sen PCR de control a pesar de ter síntomas"
Un sanitario realizando un test PCR. ALEX PLAVEVSKI (EFE)
photo_camera Un sanitario realizando un test PCR. ALEX PLAVEVSKI (EFE)

A plataforma sanitaria da Mariña confirmou na tarde deste xoves a través das redes sociais que o Sergas realizará unha terceira PCR a unha paciente de Covid que xa pasou dúas corentenas ao dar positivo nas dúas probas realizadas desde que se lle detectou a enfermidade en xuño, a última a principios de xullo "cando o Sergas pretendía darlle de alta, pero trala súa insistencia porque traballa en contacto con moitas persoas fixéronlla, e era positiva".

A plataforma lamenta que o caso se repita "e se quixera darlle a alta sen PCR de control a pesar de ter síntomas".

Desde o Sergas puntualizaban que "salvo no caso de traballadores sanitarios ou sociosanitarios ou casos moi especiais os protocolos non contemplan PCR de seguimento" e que, se o paciente mantén síntomas, a alta "depende da valoración clínica que faga o seu médico". Insisten, ademais, en que ás veces os síntomas pódense prolongar máis aló de sete ou dez días.

Comentarios