Sendos choques na N-634 e a N-642 en Ribadeo e Barreiros sáldanse cunha ferida leve

Ambos os sucesos non revestiron maior gravidade
Accidente en Rinlo, en Ribadeo. EP
photo_camera Accidente en Rinlo, en Ribadeo. EP

Accidente en Barreiros. EPO balance de sinistralidade da xornada deste mércores deixou dous accidentes de pouca gravidade.

O primeiro ocorreu ás doce do mediodía no quilómetro 35 da estrada N-642 á altura do cruzamento do polígono de Barreiros (na fotografía da esquerda), con tres vehículos implicados nesta colisión por alcance, que se saldou sen feridos e con parte amigable ao tratar de acceder ao polígono un veciño de Vilaronte e impactar outros dous con el.

Actuou a Garda Civil de Tráfico, igual que no contratempo de Ribadeo (na imaxe que abre a noticia), onde ás sete e cuarto da tarde houbo unha colisión frontolateral entre dous turismos que se saldou cunha ferida. Ocorreu xusto no coñecido como Cruzamento de Rinlo.