sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

A Semana Santa de Viveiro aspira a ser Ben de Interese Cultural

O Encontro, con imaxes articuladas, nunha Semana Santa de Viveiro. AMA
O Encontro, con imaxes articuladas, nunha Semana Santa de Viveiro. AMA

A Xunta de Confrarías empezará a preparar o expediente en maio para solicitar o título e cre que pode logralo pola súa imaxinería, antigüidade e actos singulares

A Semana Santa de Viveiro aspira a ser a primeira de Galicia en contar coa distinción de Ben de Interese Cultural (BIC). Así o avanza o presidente da Xunta de Confrarías, José Veiga, quen considera que a Paixón vivariense ten sobrados motivos para obter este título co que pretenden contribuír ao seu engrandecemento.

Os impulsores da celebración terán unha reunión en maio para iniciar a preparación do expediente e presentalo á Xunta de Galicia "ao longo deste ano", segundo apunta Veiga. "Pola antigüidade tanto da imaxinería como da celebración en si pensamos que podemos acadar esa declaración", sostén o presidente da Xunta de Confrarías, que cita tamén "actos peculiares que non hai en ningún outro sitio" como son o Encontro ou o Desencravo, con imaxes articuladas seculares.

A intención dos organizadores é seguir engrandeciendo a Semana Santa de Viveiro tras lograr en 2013 o título de Festa de Interese Turístico Internacional. "Non queremos estancarnos, queremos seguir facendo todo o que se poida en recoñecemento da Semana Santa e o BIC sería un paso máis", sinala José Veiga, quen engade que "a nivel nacional xa hai algunha que o ten", como é o caso de Zamora, "pero en Galicia non hai ningunha".

As irmandades e confrarías traballan estes días na recollida das imaxes e de todo o material que utilizaron esta Semana Santa e en poucos días terán unha reunión para falar xa da do ano que vén. A intención das entidades é seguir mellorando individual e colectivamente, para o que tamén aspiran a lograr un museo no que expoñer os seus bens. "Temos feito algún contacto, agora parece que os políticos se interesan polo"tema , comenta Veiga, quen cita como a localización ideal "San Francisco ou a súa contorna". Alí xa se expoñen parte dos pasos, aínda que algúns espazos adoecen de humidade.

A Semana Santa de Viveiro aspira a ser Ben de Interese Cultural
comentarios