viernes. 18.06.2021 |
El tiempo
viernes. 18.06.2021
El tiempo

Un sismo de magnitude 2.8 tivo como epicentro Barreiros

Costa de Barreiros. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Costa de Barreiros. JOSÉ Mª ÁLVEZ
O luns detectouse outro tremor moi preto, en San Tirso de Abres

Sobre a unha e media da tarde deste xoves rexistrouse ao oeste do municipio de Barreiros un tremor que o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) sinala como de magnitude 2.8.

Non han constancia de que o mesmo fose sentido pola poboación aínda que non ocorreu a moita profundidade na cortiza terrestre. O IGN di que o epicentro estivo a un quilómetro da superficie.

O pasado luns, de madrugada, también foi detectado outro tremor de terra ao norte do municipio asturiano de San Tirso de Abres. A magnitude do mesmo foi menor, de 2.1, pero o epicentro estivo a moita profundidade, 14 quilómetros.

Tampouco hai constancia de que fose sentido pola poboación. 

Un sismo de magnitude 2.8 tivo como epicentro Barreiros
comentarios