Detectados cinco positivos máis vinculados ao brote de covid do colexio de Foz

Cunha trintena de afectados, o municipio mariñán pasa o sábado a nivel medio de restricións
Fran Cajoto, ás portas do consistorio focense. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Fran Cajoto, alcalde de Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AEP)

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, confirmou que "apareceron algúns casos máis" de covid-19 vinculados ao brote do colexio da localidade. Concretamente, "foron detectados outros cinco nas últimas horas", precisou o rexedor.

Fran Cajoto recoñece que existe "certa preocupación" entre os veciños deste municipio mariñán, que a partir do sábado quedará no nivel medio de restricións como consecuencia da incidencia do coronavirus. Apunta que esta situación xera preocupación porque afecta aos nenos.

Hai unha trintena de casos de covid-19 confirmados vinculados ao Ceip O Cantel, o que fixo que subise a incidencia e que o comité clínico tomase a decisión de deixar Foz a partir do sábado 25 de setembro no nivel medio de restricións.

O rexedor local confirmou que, afortunadamente, a maioría das persoas contaxiadas están asintomáticas ou cunha sintomatología moi leve.

Agora espera que as medidas de precaución adoptadas sirvan para que o brote "se estabilice" e o número de casos "empece a baixar".

Comentarios