miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Sargadelos renova as visitas guiadas ás súas plantas de Cervo e Sada durante o verán

Entrada a la fábrica de Sargadelos. ÁLVEZ
Entrada á fábrica de Sargadelos. ÁLVEZ

Os visitantes poderán coñecer cada un dos procesos polos que pasa unha peza de Sargadelos ata converterse en única

A partir do próximo luns, 1 de xullo, Sargadelos renovará as visitas guiadas ás súas plantas de produción, situadas en Cervo e Sada, coa finalidade de fomentar e preservar un dos elementos do patrimonio cultural, turístico e empresarial de Galicia, con máis de 210 anos de historia. 

Sargadelos permite durante todo o ano, en horario de traballo das plantas de produción, visitar o proceso produtivo de forma libre e sen guía. Ademais, durante todo o ano pódense organizar visitas guiadas para grupos.

A maiores, durante os meses de xullo e agosto, a compañía programa visitas guiadas á súa fábrica de Cervo, ás 11.00 e as 13.00 horas, e de Sada, ás 12.00 horas. Durante a visita, de entre 30 e 40 minutos de duración, os asistentes poderán coñecer cada un dos procesos polos que pasa unha peza de Sargadelos ata converterse en única. 

Sargadelos renova as visitas guiadas ás súas plantas de Cervo e...
comentarios