Sargadelos finaliza o repintado da súa fachada principal en Cervo

Segundo indicaron desde Sargadelos, "a Consellería de Cultura non puxo ningunha obxección aos traballos realizados"
Actuación en la fachada de la fábrica de Sargadelos. AMA
photo_camera Actuación na fachada da fábrica de Sargadelos. AMA

O grupo Sargadelos finalizou os seus traballos de limpeza e repintado do exterior da planta de produción -dedicada tamén ao control e xestión das factorías- que a firma galega ten na localidade lucense de Cervo.

Desde a empresa lamentaron que "tales traballos de restauración e pintura vísense entorpecidos, encarecidos e atrasados pola denuncia do colectivo Mariña Patrimonio que, con desvergoña e atrevemento dignos de mellor causa, acusaban á empresa de transformar e desvirtuar tan emblemático edificio".

Pola contra, segundo indicaron desde Sargadelos, "a Consellería de Cultura non puxo ningunha obxección aos traballos realizados", dado que as obras, dirixidas polo departamento de deseño da empresa, "só pretendían visibilizar e actualizar o espírito constructivista e innovador que sempre presidiu o quefacer da marca".

De feito, ditas obras de renovación "continúan a tradición muralística da empresa", a través de dous novos deseños que se realizaron "seguindo os códigos formais característicos da firma".

Desde Sargadelos tamén quixeron destacar o éxito das visitas guiadas realizadas ao longo dos meses de xullo e agosto nas plantas que a empresa posúe en Cervo e Sada, nas que se rexistraron medias superiores aos "douscentos visitantes diarios".

Así mesmo, a emblemática firma galega valorou a boa acollida que tivo a súa nova figura Elesede 51, dedicada aos Beatles, e cuxa primeira remesa se esgotou na primeira semana".

Comentarios