Sanidade recomenda non bañarse na praia de Celeiro durante 15 días

Nunha analítica realizada as augas superaban a porcentaxe permitida da bacteria fecal e.coli
La playa de Celeiro. ARCHIVO
photo_camera A praia de Celeiro. ARQUIVO

O Concello de Viveiro informa os veciños dunha orde da Consellería de Sanidade por nbsp;a&que se non se recomenda o baño na praia de Celeiro durante un prazo de quince días.

Esta medida, segundo explican desde o  Concello, é consecuencia dos resultados obtidos nunha analítica que fixo Sanidade dentro da campaña de control das zonas de baño, onde a mostra deste areal "superou nunha pequena porcentaxe vos parámetros establecidos". Precisan que as augas se consideran aptas para o baño cun resultado de ata 1.000 e.coli e na de Celeiro o resultado foi de 1.100.

O Concello tomou este mércores mostras en tres puntos diferentes da zona de baño para realizar unha analítica propia e levar un control da calidade das augas. Recomenda, en todo caso, non bañarse ata que a consellería realice unhas novas analíticas.

Comentarios