lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Viveiro permanece no nivel alto de restricións e Cervo descende ao baixo

Vista de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Vista de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Sanidade mantén a Xove, Vilalba e Monforte no chanzo medio

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 decidiu manter a Viveiro no nivel alto de restricións e a Xove, Vilalba e Monforte no medio. Por contra, aliviou as medias en Cervo, que pasa ao chanzo baixo desde o vindeiro sábado 5 de xuño.

Os únicos dous concellos galegos que continúan con restricións máximas son Mos e A Pobra do Caramiñal tras a saída de Lobios, que pasa ao nivel medio.

No chanzo alto continúan Ordes e Viveiro, mentres que no medio están Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte.
 
No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel baixo.

Viveiro permanece no nivel alto de restricións e Cervo descende ao...
comentarios