Sanidade confía en que o brote de Foz está "controlado"

Segundo os datos da Administración autonómica, conta cunha incidencia tres veces inferior en 7 días
El conselleiro Comesaña, en Burela. JM ÁLVEZ
photo_camera En conselleiro Comesaña, en Burela. JM ÁLVEZ

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, destacou a evolución positiva do brote de covid-19 rexistrado no municipio de Foz, o cal tivo orixe escolar e supuxo brotes familiares localizados, e sinalou en que confían en que "estea controlado", despois de que a incidencia baixase en tres veces.

Concretamente, segundo os datos da páxina web do Sergas, a 14 días a incidencia acumulada é de máis de 500 casos por 100.000 habitantes, con 66 casos diagnosticados. A sete días, a incidencia é de entre 125 e 250, con 22 positivos acumulados.

En conselleiro Comesaña, en Burela. JM ÁLVEZ

"A evolución a sete días está a ser boa, divide por tres a incidencia a 14 días. Sempre que estea por baixo da metade, é bo e neste caso está tres veces por baixo", sinalou o titular de Sanidade, quen destacou a "evolución positiva" confirmada coas PCR do décimo día do inicio do brote.

"Confiamos en que este brote estea controlado, non hai ningún paciente hospitalizado e esperamos que en próximos días póidanse tomar decisións neste sentido", sinalou, en relación ás restricións de nivel medio que rexen no concello.

Máis en A Mariña
Comentarios