As San Lucas péchanse cos monicreques representando varias cantigas medievais

Bernardo, Ton, Arturo (atrás), Mauro y Uxía posan con el escenario. EP
photo_camera Microminia Monicreques. EP

As cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio poderanse ver hoxe en primicia en Mondoñedo representadas por monicreques, os da compañía local Mircromina Titeres, que xunto con Espagueti Monicreques darán vida aos personaxes medievais con música e letra en directo.

Un espectáculo, Miragres, pensado para toda a familia, que é un orixinal xeito de achegarse a unha obra histórica, con algunhas licenzas adaptadas ao noso tempo para unha mellor comprensión por parte do espectador.

Os mindonienses Ton Areas e Mauro Leivas son os creadores das marionetas, de aí a deferencia de escoller Mondoñedo e as súas históricas festas e feiras das San Lucas para estrear o espectáculo na comarca. Será ás oito no auditorio, para o que é necesario recoller as invitacións na oficina de turismo para controlar o aforamento.

Unha pandemia que motivou que unha cita ancestral, que se celebra desde 1156, pase á historia como unha das edicións máis atípicas.

Comentarios