Unha saída de vía en Xove deixa dous feridos leves

As dúas persoas foron trasladadas ao Hospital da Costa

Unha saída de vía na LU-P- 2604, entre Xove e Valcarría, deixou este domingo dous feridos leves. O accidente produciuse ás 11.20 horas cando un descoido do condutor provocou que o coche, un Ford Escort antigo, saíse da vía.

As dúas persoas foron trasladadas ao Hospital da Costa.