lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

'Las Rutas D'Ambrosio' paran este sábado na Mariña para descubrir a súa gastronomía

El chef Gonzalo D’Ambrosio. CEDIDA
O chef Gonzalo D’Ambrosio. CEDIDA
La 2 emitirá ás 18:30 h. un capítulo onde o chef arxentino Gonzalo D'Ambrosio coñecerá os tesouros da cociña lucense

O chef Gonzalo D'Ambrosio chega ata a comarca da Mariña para coñecer unha gastronomía a medio camiño entre o litoral cantábrico e os vales do interior. Farao no programa Las Rutas D'Ambrosio, que se emite este próximo sábado 8 de xaneiro en La 2 de RTVE ás 18:30 horas.

A primeira parada desta ruta é Burela, que conta cun dos portos pesqueiros máis importantes de toda España. Nese marco, o presentador do programa aprenderá a diferenciar unha boa pescada de petisco, revivirá a denominada guerra do bonito e probará unha receita elaborada co exquisito bonito de Burela.

'As Rutas D'Ambrosio' na Mariña (A2)

Por outra banda, en Ribadeo, o chef arxentino coñecerá o funcionamento dunha cetaria antes de degustar un arroz con bogavante. Pero Lugo é moito máis que gastronomía mariña, polo que o seguinte destino de Las Rutas D'Ambrosio será Val de Lourenzá para coñecer de cerca os diferentes tipos de fabas que se cultivan, con especial atención para a verdina.

'As Rutas D'Ambrosio' na Mariña (A2)

De volta á costa, Gonzalo D'Ambrosio deterase en San Cibrao para mostrar o bo facer do último estaleiro de ribeira que aínda elabora barcos dun modo artesanal, con quen compartirá unha empanada e un viño mentres descobre máis acerca dos seres mitológicos do imaxinario popular mariño.

'As Rutas D'Ambrosio' na Mariña (A2)

Este novo programa de Las Rutas D'Ambrosio pola Mariña ten o seu punto final no porto de Morás, cuxas augas esconden un tesouro gastronómico tan prezado como descoñecido: as anemones. Este é o produto que ten como basee a receita do chef arxentino con que finaliza este primeiro programa da sétima tempada de Las Rutas.

'Las Rutas D'Ambrosio' paran este sábado na Mariña para descubrir a...
comentarios