Rouban dunha vivenda de Burela obxectos electrónicos valorados en 2.150 euros

O roubo perpetrouse cando o denunciante se atopaba fóra da casa 

Un veciño de Burela denunciou no cuartel da localidade o roubo ocorrido no interior da súa vivenda, cando se atopaba ausente do domicilio e da que acodes descoñecidas levaron un computador, unha tablet e un teclado. Este material foi valorado nuns 2.150 euros polo propietario do inmoble. Non é a primeira vez que a localidade burelense rexistra un roubo deste tipo no interior dunha vivenda.