Rouban nunha segunda vivenda de Ribadeo orixinando cuantiosos danos

O asalto produciu cuantiosos danos no inmoble

No muncipio de Ribadeo rexistrouse o roubo de diversos aveños domésticos, cuxo valor se descoñece aínda con exactitude, do interior dunha segunda residencia. Este tipo de inmobles son foco constante de accións delituosas similares. Recentemente producíronse asaltos similares noutras vivendas do municipio veciño de Barreiros.

Os autores deste roubo con forza causaron nesta ocasión danos por valor duns 700 euros, segundo denunciaron os propietarios ante a Garda Civil, que xa abriu unha investigación para esclarecer os feitos e tratar de apresar aos autores.