Rouban materiais de construcción e enseres dunha vivenda en obras de Ribadeo

Obras nunha vivenda. AEP
photo_camera Obras nunha vivenda. AEP

Os donos dunha vivenda en obras, situada no concello de Ribadeo, denunciaron esta semana o roubo de diversos materiais de construcción e outros enseres que gardaban no inmoble por un valor aproximado de 1.500 euros.

Os ladróns deberon visitar a casa durante o periodo de confinamento, razón pola que os donos non precisaron ante a Garda Civil a data exacta na que ocorreu, dado que eles se atopaban na súa vivenda habitual, situada noutro municipio da provincia, e descubriron a falla de dito material nos últimos días, cando se pudieron desprazar ata a costa.

Máis en A Mariña
Comentarios