Rouban máis de 500 euros e causan danos nun centro de dietética de Burela

Os ladróns accederon ao local tras romper o bombín da porta
Centro de dietética Alba Vila. GOOGLE MAPS
photo_camera Centro de dietética Alba Vila. GOOGLE MAPS

O centro de dietética de Alba Vila en Burela foi obxecto da acción dos ladróns durante a madrugada deste luns ao martes. Os autores apoderáronse de máis de 500 euros e causaron danos en caixóns, o baño e cadros, ademais de facerse con dous teléfonos móbiles, un Iphone 7 dunha clienta e un BQ da propietaria, que xa presentou denuncia no cuartel da Garda Civil.

A empregada atopouse á porta aberta ao chegar e dentro todo revolto, cos caixóns polo chan. O susto foi importante. Alba Vila cre que "non facía falta tanto desfeita".

A propietaria non entende que esperaban atopar para revolver todo.

Os ladróns accederon ao local tras romper o bombín da porta e do interior levaron todo o que lles resultou de interese, incluída a caixa rexistradora co diñeiro.

Os axentes da Xudicial da Garda Civil e o perito do seguro sacaron fotos e ademais os primeiros inspeccionaron o local en busca de pegadas e pistas que permitan dar cos autores.