Rouban en casa Foguete e esnaquizan o equipo de vixilancia

Os autores do delito tamén levaron o disco duro onde se gardan as imaxes da cámara de seguridade
Casa Foguete. GSV
photo_camera Casa Foguete. GSV

A madrugada do sábado ao domingo, unha ou varias persoas entraron no coñecido local de hostalería Casa Foguete de Vilaframil, en Ribadeo e levaron 500 euros de cambio que había na caixa rexistradora, ademais de esnaquizar o equipo de vixilancia e levar o disco duro onde se gardan as imaxes das cámaras de seguridade. 

Segundo explicaron desde o establecemento, as persoas que accederon ao local puideron facelo pola fiestra da oficina, que é a única que non está controlada polas cámaras de seguridade e unha vez no interior desconectaron a alarma e perpetraron o roubo. 

Por estes feitos xa puxeron a correspondente denuncia ante a Garda Civil, que investiga o sucedido. tipificado como un delito de roubo con forza.

Comentarios