Roberto Vilar pinta as uñas "de aluminio" en apoio os traballadores de Alcoa

Roberto Vilar amosa o seu apoio os traballadores de Alcoa durante o Land Rober
photo_camera Roberto Vilar amosa o seu apoio os traballadores de Alcoa durante o 'Land Rober'. TVG

Este xoves durante a emisión de Land Rober, que marcou un exitoso 13% de cota de pantalla, Roberto Vilar quixo homenaxear os traballadores de Alcoa pintando as uñas "da cor do aluminio". O presentador, natural de Xove, explicou o seu xesto e enviou ánimos aos seus veciños, á comarca da Mariña e a todo Lugo porque salientou que Alcoa é moi importante para toda a provincia.

Ao termo do espazo e tal e coma adoita facer, Vilar publicou un chío no que se despide da audiencia tras a emisión e nel, de novo, quixo mandar "forza" á Mariña. 

Comentarios