Rise of the Northstar regresará en abril a Galicia como parte do 'Route Resurrection'

Actuarán na Coruña o 19 de abril
Imagen del cartel de la gira
photo_camera Imaxe do cartel da xira

O programa do 'Route Resurrection' segue avanzando bandas que percorrerán este ano diversas salas do país para quentar motores de face ao festival metalero de Viveiro. Este xoves confirmouse a xira española de Rise of the Northstar, conxunto francés que xa coñece terras galegas tras participar no propio Resurrection Fest e que volverán á comunidade o próximo mes de abril. 

A banda realizará cinco datas en España. En primeiro lugar, actuarán na 'Santana 27' de Bilbao o día 18, para posteriormente facelo na Coruña o 19, nun emprazamento aínda por determinar. O resto da xira recaerá en Madrid (Mon Live, o 22), Valencia (Rock City, o 23) e Barcelona (Razzmatazz 2, o 24). 

Riffs, hip hop, rapmetal,... os franceses Rise of the Northstar ofrecen un variadísimo repertorio no que apostan pola potencia, guitarras pegadizas e ritmos vocais que recordan aos grandes éxitos do numetal de finais dos 90, pero coa vista en referentes que pasan polo hardcore e ata polo thrash. 

Nesta ocasión presentarán o seu segundo album 'The Legacy of Shi', unha gran produción publicada xa en outubro de 2018, que pasou polos estudos Silver Cord de New, propiedade do seu 'paisano' francés Joe Duplantier, de Gojira. Este disco representa unha aposta 'crossover' tanto de estilos musicais como plurilingüe, no que utilizan tanto a súa lingua propia (francés), como o inglés e o xaponés.

Os afeccionados poderán así gozar da oportunidade de escoitar en vivo os seus grandes hits, como Nekketsu, Demostrating my Saiya Style ou Sound of the Wolves

ENTRADAS Á VENDA. A cultura nipoa e os samurais foi e continúa sendo un elemento inconfundible da imaxe e a lírica da banda, cuxo nomee é unha clara homenaxe á histórico manga Hokuto Non Ken, coñecido como Fist of the North Star no panorama internacional. 

Os afeccionados poderán así gozar da oportunidade de escoitar en vivo os seus grandes hits, como Nekketsu, Demostrating my Saiya Style ou Sound of the Wolves. As entradas están á a venda na páxina web www.route.resurrection.es.

Máis en A Mariña
Comentarios