Ribadeo xa vive o Nadal co mercado e o aceso das luces

O alcalde e edís visitaron os postos, instalados ata o día 8. Hai dúas árbores luminosas, no parque e o de Acisa
Suárez Barcia, Díaz Freire, Pablo Vizoso y Mariluz Álvarez, en uno de los puestos del mercado. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Suárez Barcia, Díaz Freire, Pablo Vizoso y Mariluz Álvarez, en uno de los puestos del mercado. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O Concello Ribadeo deu por iniciada a campaña do Nadal coa inauguración, este venres, do Mercado do Nadal e co aceso da iluminación, que inclúe unha gran árbore no parque de San Francisco.

O alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Pilar Otero e Mariluz Álvarez achegáronse ata o mercado, que conta con 25 postos de artesanía e alimentación nos que veciños e visitantes poden facer xa as súas compras para as próximas datas. Estará aberto ata o vindeiro mércores, día 8.

Este mercado complétase con actividades paralelas como chocolatada que houbo este venres na súa inauguración. Este sábado, ás cinco e ás sete da tarde, hai talleres para os máis pequenos na antiga oficina de turismo. Tamén ás sete actúan Body&Soul no quiosco da música e ás oito é o concerto de Marlango no auditorio dentro do sétimo Festival de Jazz & Blues.

ACISA. A asociación de comerciantes tamén inaugurou este venres a súa árbore de Nadal, situado na rúa Rodríguez Murias e que conta cun letreiro iluminado co nome de Ribadeo. Son máis de 1.200 metros de luces led as que forman esta árbore, de dez metros de altura e cinco de diámetro. O colectivo tamén puxo en funcionamento o fío musical.

Comentarios