Ribadeo impulsa a construción dunha vía que enlace coa A-8

O alcalde deixou listos os trámites para iniciar unha obra de máis de 400.000 euros

Suárez, frente á rúa Fernańdez Cardoso. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)
photo_camera Suárez, frente á rúa Fernańdez Cardoso. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

O alcalde nacionalista ribadense, Fernando Suárez, que goberna co seu grupo en maioría na localidade, conqueríu o respaldo unánime da corporación municipal para que o Concello se responsabilice dos terreos particulares que fan falta para a construción da terceira arteria principal da vila. A futura vía discurrirá entre a rúa Rafael Fernández Cardoso e a Autovía do Cantábrico (A-8).

Durante a última sesión plenaria, celebrada a pasada semana, quedou aprobada definitivamente a vía administrativa do proxecto de construción. "Deste xeito queda un documento vivo para que no mandato que vén se poda buscar a financiación doutras administracións e facer realidade este importante acceso a Ribadeo, que está contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)", ratificou.

A actuación suporía unha inversión duns 400.000 euros e a maiores desa cantidade, poderían ser necesarios outros 300.000 para as expropiacións, no caso de que houbera que levalas a cabo. O rexedor puntualiza que "se ben o PXOM di que son os propietarios dos terreos os que deben desenvolver" os trámites e o solo, o Concello será a entidade que vai anticipar ese labor.

Despois, o propio Concello "repercutiráos nos propietarios", advertiu. Non só se creará unha terceira arteria na vila, que desconxestionará o tráfico e que empatará coa A-8, senón que a obra humanizará un entorno urbán e recuperará a vella estación do tren mineiro.

Máis en A Mariña
Comentarios