Ribadeo estará presente no primeiro foro internacional de municipios indianos

O encontro empeza este día 20 e prosegue o venres na cidade de Lloret de Mar. A ruta dos viquingos ou a dos fenicios están incluídas nestes simposios que divulgan ademais o patrimonio poscolonial

Fiesta del Ribadeo Indiano. AEP
photo_camera Festa do Ribadeo Indiano. AEP

Ribadeo e o seu legado terán un escaparate excelente de divulgación no primeiro foro internacional de municipios indianos e de patrimonio poscolonial. O encontro comeza este xoves, día 20 e terminará o venres, en Lloret de Mar. 

En Cataluña actualmente conforman a rede de municipios indianos algúns como Arenys de Mar, Begur ou Blanes, ademais de Sitges ou da anfitrioa, Lloret de Mar. A iniciativa catalá aspira a que outros se somen á promoción deste legado. Na súa web http://www.municipisindians.cat, animan deste xeito: "Se está interesado en formar parte da Rede póñase en contacto coa xerencia, Sra. Anna Castellví - [email protected]

Crear unha rede de municipios indianos axudaría a conseguir a Mención de Itinerario Cultural do Patrimonio Poscolonial Europeo

A entidade pretende crear unha Rede Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo que sirva para obter a mención de Itinerario Cultural do Patrimonio Poscolonial Europeo, que estaría ejemplificado á súa vez polo Camiño de Santiago, a ruta dos viquingos, a dos cemiterios europeos ou a dos fenicios. Unha idea que aglutinará ademais o traballo dos axentes interesados na temática das migracións europeas e o seu posterior impacto cultural e socioeconómico.

A delegación ribadense que acode ao evento encabézaa a concelleira de turismo, Ana Martínez, a quen acompaña o vicepresidente da patronal de empresarios local, Juan Antonio Fernández Andina; o xerente desta entidade, Jesús López; e a responsable das oficinas turísticas ribadenses, Begoña García. Terán a ocasión de expor o pasado indiano de Ribadeo e a festa de época que leva anos celebrándose, cun relatorio.

Comentarios