Ribadeo bate marcas co seu orzamento

O Concello manexará en 2024 unhas contas que soben ata os 12,3 millóns de euros, unha cantidade pola que o alcalde, Dani Veiga, saca peito e na que indica que terá protagonismo a obra social

El alcalde de Ribadeo, Dani Vega, frente al consistorio. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Dani Vega, frente o consistorio. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O Concello de Ribadeo disporá o ano que vén do maior orzamento da historia do municipio e ascenderá a 12,3 millóns de euros. Dunha forma xenérica o alcalde, Dani Veiga, subliñou de forma moi especial a aposta que se fai polas partidas de contido social. Así mesmo sinalou que "poucos concellos teñen os orzamentos aprobados e Ridabeo vai facelo en tempo e forma", algo que considera que ten un valor especial ao tratarse dun goberno municipal "que só levamos cinco meses" e sostén que a pesar dese tempo transcorrido "xa acreditamos unha xestión e rigorosidade nos orzamentos".

Á hora de debullar algunhas das partidas máis importantes que van guiar a acción de goberno en Ribadeo de face a 2024, Veiga apuntou que o apartado de investimento ascende a 1,7 millóns de euros, que son 600.000 máis que en 2023. No apartado social fixo fincapé na licitación do Servizo de Axuda non Fogar (SAF), ao que se destinarán 1,6 millóns de euros. é unha cantidade similar á que se destina á reforma integral do hospital asilo San Sebastián e San Lázaro.

Tamén adiantou que "imos comprar xa os terreos para o centro de saúde, iso é un compromiso absoluto e total, por un valor de 250.000 euros". A iso engadiu que "no centro de día neste momento estamos a investir 20.000 euros e imos incrementar esa cantidade ata 50.000 euros máis no 2024".

No apartado das subvencións nominativas, pásase de 11.000 a 15.000 euros e incorpórase á Cruz Vermella.

Comentarios